top of page
DSC01488.jpg

Benvid@ a Celanova Chea

Somos a asociación de comerciantes, hostaleiros, empresarios e asociados da encantadora vila de Celanova, estamos comprometidos en promover o comercio local e fortalecer a nosa comarca.

Testimonios dos nosos asociados

A asociación é fundamental no crecemento do noso pobo.

¡Gracias por as actividades que realizades!

SECTOR HOSTELERÍA

.

Sempre comprometidos con que a cidadanía se conciencie do importante que é mercar en Celanova.

¡É un honor ser parte de Celanova Chea!

SECTOR COMERCIO

.

Gracias a Celanova Chea, as nosas empresas están máis unidas.

¡Xuntos somos mais fortes!

SECTOR EMPRESAS

.

WhatsApp Image 2026-01-10 at 11.01.04.jpeg

CENTRO COMERCIAL ABERTO

Coñece os próximos eventos!

Últimas
Campañas Realizadas 

O longo do ano, organizamos e realizamos diversas campañas para promover o comercio local e apoyar os nosos asociados. ¡Descubre as nosas actividades pasadas!

"MERCADO DE NADAL"

Co obxectivo de activar as compras de Nadal e de atraer novos visitantes a vila, este ano Celanova CHEA, reabriu o mercado de abastos, despois de tres anos pechado.

Un mercado polo que pasaron arredor de máis de 50 empresas e autónomos.

O mercado estivo cumprimentado con: Cine de Nadal, 12 Obradoiros de actividades diferentes para cativos e maiores, conta contos de nadal, música en directo e moitas mais actividades.

"III Mercado CON M DE MULLER"

Dándolle continuidade a unha actividade que dende fai anos, realizamos un mercado promovido por mulleres emprendedoras de Celanova.

Este mercado contou con mais de 20 postos instalados que comercializaron e expoñen os seus proxectos comerciais,

tanto de comercio coma de hostalaría e empresas no mercado de abastos de Celanova, novamente aberto con ocasión do 8M.

Complementariamente, tivemos música en directo coa cantante Local Iría González e acompañounos a batucada Vilatuke.

"I FESTA DO OUTONO"

A campaña consistiu nun fin de semana completo de actividades dirixidas a dar visibilidade ao conxunto dos asociados participantes e a e impulsar as compras.

Tivemos música en directo, coas pandereteiras "Celavella", co Grupo "Lembranza Solpor" coa batucada "Vilatuke", co DJ "SULA" e co Guitarrista "Milo".

Toda A fin de semana foi o concurso de "Pinchos Da Miña Terra".

O sábado, pola mañan, fixemos un Obradoiro de comida Otoñal na Praza de abastos, pola tarde houbo unha xornada de desfiles no Claustro Barroco, no que contamos con concurso de novos talentos, e no que tamén tivemos unha homenaxe a antigos asociados.

Grazas a tod@s os que participas-tedes!

Participa con Nós!

¿Queres formar parte de Celanova Chea e contribuir o desenrolo da nosa Vila? ¡Ti tamén eres Celanova CHEA!

Eventos

Participa nós nosos eventos e fomenta o comercio local.

Doazóns

Se estás interesad@ en facer unha doazón, ponte en contacto con nós!

Colaboracións

Buscamos colaboracións con persoas, asociacións e empresas locais para impulsar xuntos o comercio na nosa rexión.

Involúcrate

O teu compromiso é fundamental para o crecemento e a sostenibilidade da vila de Celanova.

bottom of page